Sunday 05 de May de 2024

Os grupos avanzan cara o novo PRESCO e volverán reunirse esta mesma semana


Todas as forzas políticas municipais manterán un encontro este xoves para consensuar o plan de reactivación e a ampliación dos convenios nominativos

A Comisión de Facenda reuniuse esta mañá para seguir avanzando cara un novo PRESCO co maior consenso posible. O novo plan de rescate avanza no seu deseño acadando un amplo grado de consenso.

O documento recolle aportacións de todos os grupos, indicou o concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas. A comisión contou coa presenza da portavoz do PP, Rosa Gallego, da Marea Atlántica, María García, do BNG, Francisco Jorquera, e dos non adscritos, Isabel Faraldo.

Todas partes volverán reunirse o vindeiro xoves para afondar tanto na redacción definitiva do plan de rescate como na proposta de ampliación dos convenios nominativos coas entidades da cidade.

Á espera de que chegaren a un acordo final, o plan de rescate recolle xa axudas directas cunha contía única de 2.000 euros por autónomo e micropeme, axudas que se poderán solicitar só cunha declaración responsable para minorar os tempos de tramitación. Asemade, hai consenso para a reedición dos bonos de incentivo ao comercio e á hostalaría.

Lage Tuñas agradeceu as aportacións realizadas polas distintas forzas para enriquecer o texto e confía en que tanto o plan como a ampliación dos convenios nominativos poidan aprobarse ao longo de este mes para que entren en vigor no menor prazo posible.